Tres mortes nas estradas galegas na primeira fín de semana de agosto

A primeira fin de semana de agosto saldouse con tres falecidos nas estradas galegas en senllos accidentes acontecidos nas localidades coruñesas de Vimianzo e Coirós, así como en Castro de Rei (Lugo).
Na madrugada do sábado –4 de agosto–, produciuse a primeira das vítimas mortais da fin de semana,o coche no que viaxaba, xunto con outros tres, un mozo de 18 anos saíuse da vía en Vimianzo e saíu despedido do vehículo para impactar cun poste da luz ao non utilizar o cinto se seguridade.
Tamén o sábado, ás 21.18 horas, se produciu unha caída dun motorista de 41 anos, que faleceu tras impactar contra a protección no termo municipal de Coirós.
Ao lugar dos feitos desprazáronse unha ambulancia medicalizada e outra asistencial, que non puideron facer nada por salvar a vida do motorista que faleceu no lugar do accidente.
O terceiro dos accidentes mortais da fin de semana en Galicia tivo lugar na localidade de Castro de Rei, onde un home de 50 anos faleceu tras a colisión entre dous vehículos producida ás 22.40 horas do sábado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar