Relevo no grupo municipal do PP de Teo

“Eloy Gesto fixo un traballo exemplar como concelleiro”, con esta rotundidade se expresaba José Manuel Guerra no momento en que o edil entregaba a renuncia no rexistro do concello. “Comprendo a súa situación perfectamente e recibe o meu máis cinguido apoio na decisión tomada”, proseguía.

O PP de Teo ao completo agradécelle a Gesto a súa plena dedicación dende o primeiro día en que se incorporou ao proxecto de José Manuel Guerra, aportando moitas ideas, grande esforzo e maior dedicación. Foi moi activo nas súas propostas nos plenos e asumiu temas de grande calado no grupo da oposición.

Nélida Rey, nova concelleira do grupo popular de Teo que lidera José Manuel Guera

Pola súa parte, Eloy Gesto, nun texto cargado de afecto cara os seus compañeiros de partido, manifesta tomar esta “difícil” decisión logo dunha “longa reflexión”. “Entendo que tanto o PP de Teo coma os veciños precisan nestes momentos de persoas que poidan ter unha implicación do 100% na corporación (…) e esta non é posible pola miña parte”, declara.

Facendo un grande exercicio de responsabilidade institucional, entende que “é coherente ceder a acta que me corresponde na corporación municipal” para que a persoa que asuma a responsabilidade dentro do PP traballe coa intensidade que esixe a veciñanza e os tempos que vivimos.

Substituráo no cargo Nélida Rey Tato, veciña de Luou e traballadora da rama sanitaria, quen asume a nova situación con grande “ilusión e responsabilidade”, sendo consciente da importancia que ten manter o contacto diario cos “problemas da veciñanza teense, quen cada día ve en peor situación os servizos básicos municipais debido á máis que discutible xestión económica que se está a facer dende a alcaldía”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar