A socialista Seara defende o aborto como «conquista social»

 

A deputada ourensana e responsable do Instituto da Muller durante o goberno de Zapatero, Laura Sara, fixo unha defensa do aborto como «dereito social» sobre o que, ao seu entender, a cidadanía debe evitar a influencia da «ultradereita minoritaria». A socialista criticaba deste xeito o proxecto de modificacion da actual lexislación sobre a interropcion da vida do ser humano concebido.

Tratábase da constitución da  chamda «Plataforma en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivo»s, que tivo lugar  en Santiago, e que, segundo explicou, consiste nunha agrupación “plural, de partidos políticos e organizacións sanitarias, sociais, feministas ou veciñais” para “dicirlle alto e claro ao goberno que cando se fala de dereitos sociais non se deixen levar pola ultradereita minoritaria”.

 «CONQUISTAS SOCIAIS»

Seara reclamou manter as «conquistas sociais» acadadas durante a historia da democracia, nas que se acadou “mais seguridade xurídica para os profesionais da sanidade e das mulleres, equidade territorial e unha lei de prazos para a interrupción do embarazo sensata, como nos países do noso entorno”.

Sinalou que “cada vez que o PP da un paso á fronte utiliza a escusa do aforro para minorar algún dereito acadado nos últimos anos”, e nomeou tanto o abordo, a dependencia e a igualdade como “dereitos sagrados, como a educación e a sanidade públicas, universais e gratuítas, ou o sistema de pensións”.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar