Arrinca o festival Resurrection Fest en Viveiro

 

A sétima edición do festival internacional de punk, hardcore e metal Resurrection Fest arrinca hoxe, 2 de agosto en Viveiro con medio centenar de artistas en cartel. Dead Kennedys e At the Gates serán os pratos fortes do último día do evento, o sábado 4.

A organización confía en que a localidade lucense volva recibir a miles de persoas para gozar dos concertos, distribuídos en tres escenarios. Ademais, haberá de novo acampada gratuita e exhibicións de skate.

Coa colaboración do Concello de Viveiro, Estrella Galicia, Vans off the Wall, Monster, Jägermeister e Arnett, para o último día está previsto o regreso, tras once anos sen pasar pola península, da banda estadounidense de punk Dead Kennedys, presentando en exclusiva himnos como ‘California Über Alles’, ‘Holiday in Cambodia’, ‘Kill the Poor’ ou ‘Hellnation’.

Ademais desta institución do punk, o sábado haberá dose de metal cos suecos At the Gates e hardcore cunha das bandas que ha cosechado máis seguidores durante as últimas décadas, Hatebreed.

O punk de Antiflag, Good Riddance, os nacionais Angelus Apatrida, Berri Txarrak e outras vinte bandas completarán o cartel na última xornada de Resurrection Fest 2012.

VENRES E XOVES

O ruído e os decibelios apoderaranse de Viveiro o venres cos californianos Suicidal Tendencies, que levan desde 1982 nos escenarios, ademais de Descendents, de volta en España logo de 15 anos.

Tamén en exclusiva, tras dez anos sen pisar territorio español e recentemente chegados desde New York co seu post-hardcore estarán Glassjaw, os máis que consagrados Soziedad Alkoholika, a banda de folk punk liderada por Tom Gable Against me!, os máximos representantes do crossover actual Municipal Waste e unha decena de bandas máis.

Os repetidores do festival Agnostic Front e Converge, a proposta de grindcore dos suecos Nasum, outra decena das bandas máis influyentes na escena alternativa e DJ sessions inaugurarán o Resurrection Fest xunto aos miles de fieis seguidores que acoden cada ano a gozar, no mellor ambiente estival, dun cartel que crece ano a ano e este chega, máis cargado que nunca, ao medio centenar de artistas en cartel.

As entradas pódense adquirir na web http://www.resurrection-fest.com/tickets e en máis dunha veintena de establecementos das principais cidades. O bono de tres días custa 55 euros por anticipado e 59 en taquilla. Os que optan por un día só terán que pagar 35 euros por anticipado e 39 en taquilla.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar