Un incendio na Serra da Enciña queima 125 hectáreas

O incendio forestal declarado este martes no concello ourensano de Rubiá, próximo ao parque de Serra da Enciña da Lastra, queimou entorno a 125 hectáreas segundo as primeiras estimacións da Xunta.

A Consellería de Medio Rural e do Mar subliña nun comunicado que se rexistrou na parroquia de O Porto pero non chegou a afectar ao espazo natural.

As lapas comezaron ás 16.43 horas e quedaron controladas ás 00.53 horas. Nos traballos de control participaron seis axentes forestais, 15 brigadas, 10 motobombas, unha pa, seis helicópteros e cinco avións.

Non obstante, un conato dentro do parque, na mesma parroquia, iniciado ás 21.15 horas do martes e extinguido ás 00.54 horas, si calcinou 100 metros cadrados. En apagalo traballaron un axente forestal e dúas brigadas

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar