Desaloxado un edificio de oito plantas de Ferrol por un incendio

 

Un edificio de oito plantas foi desaloxado na madrugada deste mércores despois de que se producise un incendio nunha das vivendas do terceiro piso por causas que non transcenderon. Como consecuencia do lume, tres persoas tiveron que ser atendidas polo 061 e, delas, unha foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide.

Segundo explicaron a Europa Press fontes do 112, dos Bombeiros e Policía Local, o incendio iniciouse sbore as 2.52 horas da madrugada, na rúa Alta Quintanilla, no número 6, portal 4 deste edificio situado no barrio de Caranza, fronte ao hospital.

O lume iniciouse nun cuarto no quie que estaba un dos habitantes da vivenda, pero as causas, segundo indicaron os Bombeiros, aínda non se aclararon.

Nun primeiro momento, mantívose á veciñanza «confinada» nas súas respectivas casas, posto que había moito fume. Unha vez que o lume foi controlado, desaloxáronse todas as vivendas para poder ventilar o edificio e revisar o estado das vivendas.

«Pouco» despois, explicaron as mesmas fontes dos Bombeiros, os ocupantes puideron regresar ás súas respectivas casas, xa que non se rexistraran maiores problemas.

FERIDOS

Pola súa banda, o 061 enviou unha ambulancia medicalizada e outra asistencial para atender tres persoas por inhalación de fumes. Dous homes foron asistidos no propio lugar e unha muller foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide.

Concretamente, a muller evacuada ao centro hospitalario ten 74 anos de idade e responde ás iniciais de M.C.S.M.; mentres que os atendidos no punto son J.C.B e J.M.A.G., de 62 e 76 anos, respectivamente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar