23 patrullas do exército operativas contra incendios ata o 2 de outubro

 

Un total de 23 patrullas da Brilat e do Terzo Norte de Infantería de Mariña iranse despregando a partir este mércores por diversos puntos da xeografía galega no marco da Operación Centinela Galego para colaborar coa Xunta na campaña de prevención de incendios forestales. A presenza disuasoria nos montes e os traballos de vixilancia, cun nivel de esforzo medio, desenvolveranse ata o 2 de outubro.

Está previsto que a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o secretario de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, asistan á saída dos efectivos militares desde a base Xeral Morillo de Pontevedra. O xefe da Brilat, José Antonio Alonso, coordinará un ano máis o despregue.

Das 23 patrullas, 18 están formadas por persoal de distintas unidades da Brilat e outras 25 corresponden ao Terzo Norte de Infantería de Mariña, con sé en Ferrol.

Esta iniciativa responde ao convenio marco de colaboración subscrito entre o Executivo autonómico e o Ministerio de Defensa, que se iniciou no ano 2007. Precisamente, este martes procederase á firma do protocolo entre responsables da Consellería de Medio Rural e o departamento de Política de Defensa, que dirixe o tenente xeral Juan Carlos Villamía.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar