Detido en Vigo un conductor por negarse á segunda alcoholemia, tras dar positivo

Local de Vigo detiveron nos últimos días a un vigués de 45 anos de idade e de
iniciais R.R.G. tras negarse a realizar unha segunda proba de alcoholemia logo
de dar positivo na primeira.

Os feitos  ocorreron na estrada de circunvalación VG-20
en dirección a Teixugueiras, onde un vehículo estaba circulando de forma
estraña e en zigzag. Os axentes que recibiron o aviso localizaron o coche en
Teixugueiras e decatáronse de que o condutor presentaba «evidentes signos
externos de embriaguez», á vez que o home recoñeceulles que bebera un par
de chupitos.

Ante esta situación, foi sometido a unha proba de alcoholemia que arroxou un resultado
positivo de 0,94 miligramos por litro en aire espirado, aínda que se negou a
realizar a segunda proba. Os axentes advertíronlle que debía realizar esta
segunda proba para completar o control de alcoholemia e informáronlle sobre as
consecuencias legais da súa negativa, aínda que o home persistiu na súa
actitude.

Ademais, o individuo rexeitou entregar o seu DNI e aportar datos sobre o seu domicilio,
polo que se procedeu á súa detención.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar