O detido pola morte da sua ex noiva en Narón permanence en comisaría

O home detido como suposto autor da morte da súa e xnoiva, unha muller de Narón (A Coruña) de 28 anos de idade, permanece en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol nos próximos días.

A detención, segundo fontes da Policía Nacional, foi realizada por axentes da Comisaría de Ferrol-Narón durante a madrugada deste martes, horas despois de suceder o crime, que tivo lugar en torno ás 15.30 horas da tarde do luns.

A muller foi agredida a poucos metros da súa vivenda, nun terreo no que estaban estacionados varios coches, na rúa San Roque número 11 de Narón, no barrio de Xuvia, case no límite co Concello de Neda.

O agresor produciulle un profundo corte no colo cunha arma branca e despois fuxiu. Varios veciños trataron de tapar a ferida cunha tea ata a chegada dos servizos sanitarios, que non puideron salvar a vida da moza.

O presunto autor do crime, Óscar F., contaba con antecedentes penais por tráfico de cocaína e hachix e fora condenado polo roubo duns cabalos. Segundo confirmou o delegado do Goberno, Samuel Juárez, a moza acudira na mañá deste luns a Comisaría para coñecer as medidas de afastamento ditadas polo Xuíz o pasado venres.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar