O Día das Letras de 2013 estará adicado ao finado dramaturgo Vidal Bolaño

 

O desaparecido autor, director e actor de teatro Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002) será homenaxeado o 17 de maio de 2013 con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, segundo acordou a maioría plenario da Real Academia Galega (RAG), reunido este venres en A Coruña.

 

En declaracións aos medios tras o encontro, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, destacou que se trata dunha figura «imprescindible» para comprender a dimensión do teatro galego, ao tempo que subliñou a «forza creativa» do homenaxeado.

A elección fíxose entre preto duns nomes que saíron á palestra do plenario da máxima institución da lingua galega, que tamén acordou o nomeamento de académico de honra a Arcadio López Casanova e académicos correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo, Olivia Rodríguez, Goretti Sanmartín e Xavier Vence.

«Trátase dunha figura moi importante», sinalou Méndez Ferrín sobre Roberto Vidal Bolaño. Un home que destaca, segundo a RAG, polo seu compromiso coa lingua galega e a súa faceta teatral.

Pola súa banda, o académico Eulogio Ruibal indicou que Roberto Vidal Bolaño é «un autor imprescindible» do século XX que abrangueu «con sensibilidade», ao longo da súa obra, temas de actualidade «como unha forma de loita».

Mentres, Margarida Ledo apuntou cara ao «rexistro múltiple» na obra do homenaxeado no Días das Letras Galegas do próximo ano. Tamén resaltou a súa faceta como «axitador do teatro» e creador «dun público para o teatro galego»

Traxectoria

Iniciouse no mundo teatral da man do grupo Antroido, co cal o actor representou as súas primeiras obras. Con Antroido acudiu ás Mostras de Teatro «Abrente» de Ribavia, entre 1973 e 1980  nas que se dará a coñecer como dramaturgo e escenógrafo co seudónimo de Julia Brens.

Vidal Bolaño foi un dos maiores artífices da profesionalización do teatro galego. Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, este dramaturgo viuse na obriga de converter o grupo «Antroido»  na primeira compañía teatral galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao esceario co Centro Dramático Galego  no 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras. No ano 2001, representou, tamén co Centro Dramático, a Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribira en 1958. As súas últimas actuacións foron co grupo «Teatrao de aquí», a súa compañía nos últimos anos.

Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e TVE   con traballos como Malos tratos, Novo de Parmiude ou Morosos varios. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como ´Ánxel Fole  (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor  (O Noxo), e participou como actor en series televisivas de prestixio, como «Mareas vivas».

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar