O cartel do San Froilán, decido por votación popular

Unha votación popular ven de decidir cal será a imáxe do San Froilán deste ano. O cartel é obra do lucense Joaquín París e o traballo seleccionouse a traves dos votos dos lucenes que quixeron participar de entre os catro finalistas seleccionados previamente polo xurado.

De 2.128 votos emitidos, 747 foron para este cartel, cunha imáxe que agora divulgará o Concello maís alá de Galicia xa que o San Froilán é unha Festa de Interés Turístico Nacional.

Dende hai moitos anos durante os días 4 ao 12 de outubro Lugo vive en plena festa, para celebrar despois o «Domingo das mozas». Paralelamente, haberá concertos e outras actividades festivas pero o máis tradicional segue a ser – e así o recolle o cartel- a degustación do pulpo nos centos de casetas que se instalan no recinto feiral.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar