O compromiso galeguista de Murguía, detallado nun libro de Xosé Ramón Barreiro

 

O empeño de  XoséRamón Barreiro por relatar a vida de Manuel Murguía topouse cun traballo complexo que requeríu “moito empeño e varios anos para buscar a información e outros máis en construir a obra”, confesa o historiador.

O arduo traballo sobre o “intelectual máis grande do século XIX” que fóra esposo de Rosalía de Castro tivo  onte para o autor o paso final: a presentación do libro na Real Academia Galega, coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e destacadas personalidades da cultura do pais.

Un arduo trabajo por tanto, para recabar todos los datos necesarios para presentar ante el lector una completa biografía del que fuera marido de Rosalía de Castro, dando forma a una de las parejas más defensoras dela culturagallega, más allá de toda frontera. Como abanderado galeguista, Barreiro se decantó por el estudio de la figura de Murguía por considerarlo “o intelectual máis grande do século XIX”.

FEIJÓO

“Manuel Murguía deixa o legado dun sentimento de comunidade, atemporal e integrador, un tesouro que non todos os pobos teñen”. Con estas palabras o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo dar as grazas “por este inapreciable regalo” ao destacado galeguista e quixo, tamén, facelas extensivas a Xosé Ramón Barreiropola biografía Murguía, “un libro –dixo- que é unha homenaxe a un dos Pais Fundadores do que agora somos”.

 

Durante o acto de presentación, Feijóo destacou que Murguía é un home da súa época, que sentiu intensamente os ecos dos acontecementos que se producían no resto do mundo. “Manuel Murguía é, en suma, un galego español e europeo que interpreta a galeguidade como unha suma de círculos concéntricos, nos que coexisten e se enriquecen diferentes identidades. O noso arteixán non é unha barreira contra influencias alleas, senón un transmisor delas. Anticipando o que outros dirían moito máis adiante, aspira a que Galicia se impregne delas e as interprete de acordo cos nosos códigos sociais e culturais. No seu maxín, na súa obra teórica, nas súas iniciativas, desenvólvese un galeguismo que non se identifica polas súas oposicións, senón pola capacidade aglutinadora”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar