Os prezos caen duas décimas

O Indice de Prezos ao Consumo (IPC) caeu dúas décimas en maio,
en relación ao mes anterior, e a taxa interanual baixou
ata o 1,8 % en Galicia, de acordo cos datos publicados
polo Instituto Nacional de Estatística.

En toda España, o IPC baixou unha décima o pasado mes en relación ao
anterior por efecto, entre outras cousas, do abaratamiento das
gasolinas e de certos alimentos, e situou a súa taxa interanual no
1,9%, dúas décimas por baixo da de abril.

Este descenso mensual dos prezos rexistrado en maio pon fin a tres
meses consecutivos de incrementos e contrasta coa forte
suba que experimentou o IPC mensual en abril, do 1,4%, o seu maior
repunte en cinco anos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar