Marina Castaño recorre a sentencia que a obriga a pagar 5 millóns ao fillo de Cela

A Fundación Camilo José Cela traballa xa na elaboración do recurso que presentará ante o Tribunal Supremo contra a sentenza que ratifica a obriga tanto da viúva do Premio Nóbel, Marina Castaño, coma da Fundación de pagar máis de cinco millóns de euros a Camilo José Cela Conde para que dispoña de dous terzos da herdanza do seu pai –o que coñécese como a ‘lexítima’–.

Marina Castaño, nunha imaxe recente en Ibiza.

Segundo explicou a Europa Press a xerente da Fundación, Covadonga Rodríguez, a intención deste recurso é «salvagardar o legado tanto da Fundación coma do Premio Nóbel», algo para o que a entidade «esgotará todas as vías legais».
Aínda que nun principio «non figuraba dentro da orde do día», o Padroado da Fundación, que se reuniu este martes en Iria Flavia, deu o visto bo á decisión de interpoñer o recurso, no que xa se está a traballar e que será presentado «dentro do prazo legal»
A sentenza da Audiencia Provincial de Madrid confirma un auto previo, que data de 2010, no que se obriga Marina Castiño a pagar 3,9 millóns de euros ao fillo de Camilo José Cela, mentres que a Fundación debe aboarlle os restantes 1,18 millóns de euros para cumprir o mínimo lexítimo de dous terzos de herdanza.
Aínda que este recurso non prosperase, a Fundación considera que «poderá facer fronte por ela mesma» ao pagamento dos case 2 millóns de euros que lle corresponden, «sen recorrer a terceiras partes.
Neste sentido, Rodríguez explicou que a Fundación, tras recibir o fallo provisional en xaneiro de 2010, decidiu aprovisionar o importe que establecía a sentenza en previsión de que puidese executarse, algo que está xa á marxe dos activos da entidade, que alcanzan os 12 millóns de euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar