Rescatado un pescador atrapado pola suba do encoro de Frieira

 

Encoro de Frieira

Efectivos do Grumir de Ribadavia rescataron un pescador que quedou atrapado na noite do martes debido á suba do caudal no encoro de Frieira no municipio pontevedrés de Crecente.

Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, ás 21.54 horas do martes un particular pedía axuda porque unha persoa quedara atrapada por suba de caudal en encoro de Frieira, onde estaba a pescar. Por iso, o afectado amarrouse a unha árbore á espera de axuda.

Foron mobilizados a Guardia Civil; o Grumir de Ribadavia, que acudiu cunha zodiac e cordas; e Unión Fenosa, por ser a concesionaria do encoro, para que rebaixase o nivel.

Minutos despois, sobre as 22.30 horas, o pescador foi rescatado, e atopábase «en perfecto estado», segundo indicaron as mesmas fontes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar