As tres universidades contarán con masters para a promocion do turismo

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo asinou hoxe cos representantes das tres universidades galegas os convenios para o desenvolvemento dos Masters de Turismo. Nun acto de sinatura celebrado na sala da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, os coordinadores dos tres cursos asinaron os acordos entre as Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela mediante os cales a Secretaría Xeral para o Turismo colabora cun importe de 20 mil euros por cada mestrado de especialización en materia turística.

Deste xeito, na Universidade da Coruña impartirase o Master Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos; na Universidade de Vigo impartirase o Master Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde mentres que na Universidade de Santiago de Compostela impartirase o Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas. Esta mañá en Santiago escenificouse o acto de sinatura coa presenza dos coordinadores dos mestrados, José Antonio Fraiz da Universidade de Vigo; Antón Álvarez Sousa da Universidade da Coruña e mais Concepción Varela da Universidade de Santiago de Compostela.

Os diferentes Masters tratan de dar resposta á demanda dos actuais titulados universitarios e ás súas expectativas de formación nun área de actividade punteira no desenvolvemento de Galicia, así como de presentar unha oferta versátil que se adapte ao perfil do alumno actual e futuro.

Segundo explicou a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, a Administración Turística galega apoia iniciativas como esta que “conducen á formación de profesionais de alto nivel para a planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos, e a formación de expertos que orienten a súa profesión ou investigación nesta área, por considerar que o turismo é un sector clave no desenvolvemento económico e social de Galicia”. Deste xeito, a Secretaría Xeral para o Turismo apoia mediante axudas directas a estes cursos, unha colaboración que xa se iniciou no curso 1994-1995.

Pardo felicitou tamén aos representantes das Universidades porque os Masters de Turismo das universidades galegas porque foron pioneiros na súa adaptación ao Plan Bolonia. Os tres cursos teñen un único ano de duración para os alumnos.

Carmen Pardo recalcou que o capital humano é unha da bases sobre as que se sustenta calquera sector produtivo e de xeito especial o sector turístico dado que está conformado nun 75% por recursos humanos polo que “apostar pola formación dos mesmos é primordial”. “A formación é unha das ferramentas máis importantes de competitividade para Galicia como destino turístico”, engadiu.

Neste sentido, a secretaria xeral para o Turismo sinalou outras iniciativas formativas que neste momento se levan a cabo dende o departamento que dirixe como o Plan de Formación para a Excelencia Turística, coa aportación económica do 90% do orzamento por parte da Escuela de Organización Industrial; e organizado coa colaboración do Centro Superior de Hostelería de Galicia; os programas de titorización personalizada para establecementos; ou o proxecto de xestión de pensións en Galicia que desenvolve o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia.

A información sobre os Masters está dispoñible nos seguintes links:

http://www.usc.es/es/titulacions/pop/turismo.html

http://masterturismoourense.es/

http://193.144.63.134/masterTurismoUDC/presentacion-es

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar