NCG abandoa o Grupo Calvo no seu plan de recapitalización

NCG Banco, conxuntamente con outras entidades financeiras e a familia Calvo, asinou onte avenda
da súa participación accionarial (11,1% a través de Ponto Inversiones) no grupo alimentario Calvo á multinacional Bolton Group. A venda forma parte doacordo a través do cal Bolton Group adquiriu unha participación minoritaria enCalvo, ao adquirir as accións de Ponto Inversiones. A operación, que forma parte do plan de recapitalización de NCG Banco, péchase con importantes plusvalías con respecto ao capital investido polo bancocon sede en Galicia.

NCG Banco sae do accionariado de Calvo de común acordo cos seus accionistas maioritarios e outros socios, tras un período de apoio á consolidación e expansión da compañía conserveira galega. Desde 2004, NCG Banco contribuíu ao desenvolvemento do plan de negocio da empresa, no que se enmarca, por exemplo, a extensión das súas actividades ao mercado brasileiro.

NCG Banco estaba presente no accionariado de Calvo a través da sociedade Ponto Inversiones, na que tamén participaban Banca Cívica e CCM
Corporación. A entidade galega dispuña do 50% de Ponto Inversiones, mentres que Banca Cívica e CCM Corporación contaban con senllas participacións do 25%.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar