Metalships bota un buque de apoio ás plataformas petrolíferas

 

O astaleiro Metalships&Docks asinou este venres a entrega do buque ‘offshore’ co guindastre máis grande instalado ata agora nun nas industrias da ría de Vigo. Trátase do barco ‘Lay Vessel North Ocean 105’, construído para as multinacionais MacDermott e Oceanteam.

A entrega produciuse nun acto que que contou coa presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; do alcalde de Vigo, Abel Cabaleiro; e do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

O presidente de Metalships, Manuel Rodríguez, explicou que este é o sétimo buque ‘offshore’ construído na grada viguesa e o quinto do mesmo modelo. Así mesmo, subliñou que é un “dos mellores produtos” que saíron deste astaleiro, que cumpre os máis altos estándares de calidade, e confirmou que Metalships está construíndo outros dous barcos destas características.

O ‘Lay Vessel North Ocean 105’ ten unha eslora de 133 metros, e unha manga de 27 metros. Está equipado con dous guindastres, unha de 400 toneladas e outra de 150, e pode alcanzar os 15 nós. O barco, que realizará labores de apoio para plataformas petrolíferas, ten capacidade para albergar a 120 tripulantes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar