Os hostaleiros prevén unha ocupación do 60%

   Os hostaleiros galegos prevén que a ocupación dos establecementos de aloxamento durante esta Semana Santa sexa “boa”, sobre todo en comparación co ano pasado, e manexan uns datos de ocupación que roldarían entre o 55 e o 65 por cento.

Así o explicou, en declaracións a Europa Press, César Besteiros, da Confederación de Hostalaría de Galicia (Cehosga), tras manter contacto coas asociacións provinciais, que lle han traslado que as expectativas de cara a Semana Santa son “boas, sobre todo comparadas co ano pasado”, cando o mal tempo provocou unha campaña “inexistente” de visitantes.

César Besteiros recordou que as cifras de previsións son “dificilísimas” de manexar, dado que, cada vez en maior medida, as reservas se deixan para última hora e é posible que a ocupación repunte conforme se achegan os días festivos.

Aínda así, apuntou que existen diferenzas segundo a zona de Galicia e que, mentres que o luns, martes e mércores a ocupación será “bastante baixa”, os datos para os días festivos situaranse en torno ao 55-65 por cento de ocupación.

Con estas cifras na man, Ballesteros sinalou que as previsións para os hostaleiros galegos son boas en materia de ocupación, se ben é necesario ter en conta cuestións como a baixada dos prezos para analizar a rendibilidade turística destas datas.

ZONAS DE COSTA, FAVORECIDAS

Ademais dos lugares clásicos de Semana Santa, como Ferrol, Viveiro (Lugo) ou Santiago, César Besteiros recordou que as zonas de costa e, principalmente, as Rías Baixas, serán as “grandes favorecidas” do tempo soleado que espera para a Semana Santa galega.

“O turismo cultural e relixioso vai seguir nutríndose a maiores deste turismo de sol e praia”, indicou Besteiros, que recordou que ao turismo relixioso é “moi habitual dedicar un día” para pasar logo máis xornadas en zonas como Sanxenxo ou Baiona (Pontevedra) se o tempo acompaña.

Aínda que Besteiros precisou que “o turismo relixioso vai vir haxa bo tempo ou malo”, si recoñeceu que os visitantes quedan menos días que se o tempo é bo e teñen posibilidade de visitar outras zonas de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar