Pesar pola morte do brigadista

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu á familia e amigos do brigadista falecido mentres traballaba na extinción dun incendio rexistrado en Castrelo do Val (Ourense) a súa “tristeza e pesar” polo ocorrido e advertiu de que, aínda que Galicia “perde un dos seus fillos”, semellante sacrificio “non pode ser nin será inútil”.

“En nome de Galicia”, Núñez Feijóo fixo unha declaración institucional na que remarcou que o “recordo” do falecido Higinio Vivas axudará “a manter con máis forza” a loita contra o lume e servirá para que a cidadanía “tome máis conciencia” da importancia de “vencer” a batalla contra os lumes e os incendiarios.

O presidente lembrou que o falecido era persoal laboral indefinido da Xunta e explicou que, na extinción do incendio no que perdeu a vida, traballan cinco helicópteros, dous avións de carga terrestre, catro avións de carga anfibia, seis motobombas e entre 70 e 80 brigadistas de extinción.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar