A Xunta lembra a prohibición das queimas controladas

 

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que os permisos de queima en toda Galicia están suspendidos desde o pasado día 12 de marzo, polo que as queimas controladas están prohibidas desde entón.

Así o puntualizou o departamento de Rosa Quintana despois de que o alcalde de Castrelo do Val (Ourense), Vicente Gómez García, afirmase que o incendio no que faleceu o martes un experimentado brigadista non foi intencionado, pero indicou que non descartaba que se debese a unha negligencia debido ao escape dunha queima controlada.

Por iso, Medio Rural subliña que os permisos de queima “deixaron de darse desde o 12 de marzo”, polo que estas “están prohibidas”, remarca a Consellería. Esta medida preventiva obedece ao progresivo incremento do risco de incendios, unido á seca.

Medio Rural adoptou esta decisión tras evaluar a evolución da situación, tendo en conta o incremento rexistrado na actividade delituosa incendiaria, que se ve favorecida polas condicións climáticas, e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar