Chamamento a cidadanía: falta sangue do grupo A+

As reservas do grupo sanguíneo A positivo atópanse en niveis baixos en Galicia, mentres que as do 0 negativo, 0 positivo e A negativos están normais.

Para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos o CTG recorda que son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que destaca a importancia de acudir a doar.

Deste modo, a partir do luns, 2 de abril, as unidades móbiles do CTG desprazaranse a diversos municipios galegos co fin de recoller as doazóns dos cidadáns durante a Semana Santa.

En concreto, na provincia coruñesa acudirán o luns a Ferrol –no barrio de Caranza ao lado do mercado–; Betanzos –Praza García Hermanos–; A Coruña — zona de Juan Flórez, diante da discoteca Pirámide — ; Santa Comba –diante do Centro de Cultura– e Brión –fronte ao Concello–.

Pola súa banda, na provincia de Lugo o luns haberá unha unidade móbil do CTG ao lado do Concello no municipio de Foz; outra acudirá a Ourense –na Rúa Paseo–; e na de Pontevedra estarán en Lalín — Praza da Igrexa –, Gondomar –diante do Concello– e Mos –no Polígono de Santo Eleuterio en Tameiga–.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar