Pescanova obtén beneficios e renovará a flota

"Cabo de Hornos", da flota de Pescanova
A multinacional galega Pescanova rexistrou un beneficio neto de 50,1 millóns de euros en 2011, o que representa un incremento do 38% con respecto ao ano anterior, e elevou as súas vendas un 6,8%, ata 1.670 millóns

Asimesmo, ven de clasificar para a venda cinco buques e terreos e instalacións fabrís e acuícolas e outros activos situados principalmente en Europa, Australia e Latinoamérica, cun valor contable de 55,16 millóns de euros. A compañía planea vender os cinco barcos, todos en activo, e substituilos por outros máis especializados, segundo datos do informe financeiro anual do grupo recollidos por Europa Press.
Os buques están valorados polo seu custo en libros (28 millóns de euros) e estímase que o prezo neto de venda “será igual ou superior ao actual”.
A compañía tamén clasificou para a venda terreos e instalacións e outros activos localizados en Europa, Australia e Centroamérica e Sudamérica, o importe de venda da cal non se prevé inferior ao valor en libros.
No informe anual do exercicio 2011, Pescanova explica que os activos non correntes mantidos para a venda son aqueles para os que iniciou “xestións activas” para a súa alienación, coa estimación de que a venda se leve a cabo ao longo deste ano.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar