Iberia Express voará a Vigo en maio e a Santiago en xuño

A nova aerolínea de baixo custo Iberia Express, filial para o curto e medio radio de Iberia, conectará dende o mes de maio Vigo coa capital española e, a partir de xuño, fará o propio co aeródromo compostelano de Lavacolla.
Iberia Express despegará este domingo por primeira vez e operará un total de 17 rutas, de elas doce nacionais e cinco a destinos europeos, tras “varios meses de traballo” e máis de dous de anos nun proxecto que nace “con ilusión”, segundo destacou o seu conselleiro delegado, Luis Gallego.


En concreto, a nova aerolínea arrancará con catro destinos nacionais –Mallorca, Alicante, Málaga e Sevilla–, aos que se sumarán en maio cinco novas –Vigo Lanzarote, Granada, Menorca e Ibiza–, nos meses de xuño e xullo voará xa a destinos europeos como Dublín, Riga, Mikonos e Nápoles, ademais de destinos domésticos como Santiago, Fuerteventura e La Palma. En setembro, incorporarase Ámsterdam.
“Dende o primeiro momento tivemos claro que para competir no complexo panorama europeo tiñamos que ter uns custos na media europea nun ámbito no que a maioría das compañías están en números vermellos e outras quebrando. A nosa filosofía é controlar os custos de forma eficiente, sostible e garantindo a calidade do servizo e a seguridade”, apuntou Galego.
A nova ‘low cost’, que realizará o seu primeiro voo este domingo dende Barajas con destino a Alicante, contará inicialmente con 500 empregados e catro avións A320, que alcanzarán os 14 este ano –aeronaves procedentes da flota de Iberia– e aumentarán progresivamente ata 16 avións en 2013, 28 unidades en 2014 e 40 avións en 2015.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar