3,7 millóns para a reestruturación e reconversión dos viñedos

 

Galicia recibirá uns 3,7 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestruturación e reconversión de viñedos tras a modificación no cadro financeiro do programa de apoio ao viño para o exercicio 2012, que está dotado de 358 millóns.

Á comunidade correspóndenlle 3,7 millóns dos que case 2,3 foron distribuídos como anticipo desta dotación, sinala a Consellería do Medio Rural nun comunicado.

O Goberno central distribuíu este xoves máis de 133 millóns de euros entre as Comunidades Autónomas para a reestruturación e reconversión do viñedo, unha repartición aprobada polos responsables autonómicos do ramo –entre os que se atopaba a conselleira Rosa Quintana– na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, presidida polo ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar