A Cidade da Cultura será accesible pola AP-9

Iniciouse a exposición pública durante un mes o proxecto da vía que comunicará a autoestrada AP-9 co monte Gaiás.A conexión custará preto de 7 millóns de euros e tamén enlazará coa zonas de Sar e O Viso, ó carón do Multiusos.

 

O futuro enlace conectará o quilómetro 70 da Autoestrada do Atlántico coa glorieta que na actualidade dá acceso á Cidade da Cultura, que tamén vai ser ampliada para facilitar os accesos ó Gaiás.

A obra está suxeita á ampliación da AP-9 ó seu paso por Santiago, da que se vai encargar Fomento. A Xunta vaille pedir ó Ministerio que ámbolos dous traballos se realicen dun xeito coordinado pra reducir custos e minimizar repercusións a veciños e condutores.

Dende o Concello de Santiago amosáronse moi satisfeitos por este novo paso, xa que levaban tempo reclamando a actuación. Cren que o acceso á Cidade da Cultura dende a autoestrada é algo imprescindible pro desenvolvemento do complexo cultural.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o proxecto do trazado e abre un prazo de 30 días pra que se poidan presentar alegacións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar