Incrementáronse maís dun 25% os alumnos das escolas de idiomas

 

O número de matriculados nas ensinanzas regradas das escolas oficiais de idiomas incrementouse no que vai de lexislatura un 25,4%, ata alcanzar os 2011-2012 29.136 estudantes do curso 2011/2012, 5.905 máis ca os do curso 2008/2009. Así mesmo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, leva incrementado nun 21,6% o número de prazas ofertadas, ata as 42.395 do curso actual, 7.529 máis que aos do 2008/2009. Segundo explicou onte no Parlamento o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira.

Neste sentido destacou o incremento do número de matriculados en alemán, con 481 alumnos máis respecto do curso pasado, un 25,6%; ou chinés, idioma no que este ano se ofertan 4 grupos máis que o curso pasado (un 28,6%), e no que o número de matriculados medrou tan só no ultimo ano en 67 alumnos, (un 24,36%). Así, no que no que vai de lexislatura o maior incremento en número de alumnos foi o do inglés, con 4.188 matriculados máis que no curso 08/09. Porcentualmente os maiores incrementos desde 2008/2009 son os de alemán, un 60,6%; xaponés, un 59,6%; e portugués, un 44,4%.

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad dotou por primeira vez a estes centros dun regulamento orgánico de funcionamento propio con rango de decreto e vontade de perdurabilidade, unha tarefa pendente que sacou adiante a actual Consellería. Desta forma deuse ás EEOOII un marco normativo que adecúa, por unha banda, a normativa ás súas necesidades organizativas particulares, e por outra, as funcións do profesorado ás necesidades reais do alumnado no contexto destas ensinanzas. Así mesmo regulouse a tipoloxía da oferta educativa existente nas escolas oficiais de idiomas, que abrangue cursos ordinarios, cursos de actualización e especialización, cursos para a formación do profesorado, – que inclúen os cursos CALC de actualización lingüística e comunicativa en inglés e francés, así como os cursos en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación e os Centros de Formación e Recursos noutras linguas-, e os cursos para colectivos profesionais.

Formación do profesorado

A Consellería está ademais a fomentar a cualificación do profesorado de materias non lingüísticas para o desenvolvemento do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, o que se concretou a través da Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se estableceu o procedemento de acreditación da competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos; que permite que o profesorado poida acreditar o seu nivel de competencia lingüística de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER), ben por posuír os certificados das escolas oficiais de idiomas ou calquera dos restantes certificados expedidos por institucións de recoñecido prestixio que se recollen no anexo desta orde.

Así mesmo, e para aquel profesorado que non posúa certificacións e desexe acreditar a súa competencia lingüística, a Orde establece un itinerario formativo, a través dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), que permiten ao profesorado acadar os niveis A2, B1 e B2 do MCER en inglés e francés, e conseguir os certificados oficiais das escolas oficiais de idiomas unha vez superada a proba de certificación correspondente. De feito, e a través destes cursos específicos para o profesorado, a Consellería ten previsto formar a preto de 2.000 docentes. Así mesmo, se un ou unha docente posúe competencias en linguas estranxeiras obtidas por vías non formais, poderá realizar unha proba inicial de clasificación co obxecto de acceder ao curso do nivel que lle corresponda no itinerario formativo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar