Un goloso ladrón na Pobra

 

Dous axentes municipais de servizo na Pobra, recibiron este sábado a última hora a chamada da dona dunha pastelería da localidade, na que denunciaba que un home metéraselle dentro do mostrador e estábase a atiborrar de comer pasteis e bombons.

Os esforzos da propietaria e da dependente por botalo resultaron infrutuosos e pensaron que ao chamar á policía conseguirían disuadir ao goloso ladrón. Nada máis lonxe da realidade.

Á chegada dos dous axentes ao local, non só seguía aíi, senón que se negou a identificarse, dicindo que era “Ramón e punto”. Segundo os axentes, ao informarlle que por non facilitarlles máis datos teríaos que acompañar, “empezou a soltar puñetazos e bofetadas sen parar”, poñendo en perigo o mobiliario do local, polo que conseguiron sacalo á rúa e tiralo ao chan, aínda que logrou zafarse das esposas que xa tiña postsa nunha boneca, dando patadas e puñetazos.

Conseguiron inmobilizalo finalmente, non sen antes lesionar a un dos axentes cun esguince nun dedo e un forte golpe ao outro no beizo e descubríndolle unha navalla no peto. Pasou a noite á sombra por atentar contra a autoridade, non pola súa atracón gratuito e quedou libre con cargos ao día seguinte.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar