As empresas leiteiras poden aforrar un terzo de electricidade

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), realizou un estudo de optimización enerxética en explotacións de leite, seleccionando a 10 empresas do sector representativas da actividade, tanto polas súas dimensións e características como pola súa ubicación xeográfica, co obxectivo de reducir os custos de funcionamento, incrementar a produtividade e a competitividade desta industria.

O director do Inega, Eliseo Diéguez García, presentou hoxe en rolda de prensa os resultados deste estudo que segundo salientou amosan “unhas posibilidades de aforro enerxético medio superior ao 35% do consumo total da explotación” o que supón un aforro económico anual de 6.300 euros.

Un estudio realizado polo Instituto Enerxético de Galicia, INEGA, chega á conclusión de as explotacións leiteiras poden aforrar a terceira parte da enerxía eléctrica que consumen. A análise realiozuse en dez empresas representativas polas suas dimensións e ubicación xeográfica e dos resultados deu conta o director do Instituto Eliseo Diíeguez García.

 

Deste xeito, tendo en conta que as explotacións presentan un consumo enerxético medio de 150.000 kWh/ano, o que supón un custo medio aproximado de 11.500 euros por exercicio, o aforro económico anual ascendería ata o 54%, e dicir máis da metade da súa factura enerxética. Entre os consumos enerxéticos destaca, pola súa importancia, o consumo de gasóleo, cun 69% do total, mentres que a electricidade acapara o 24%, destacando aquí o muxido e o resfriado de leite.

Ademais, “no caso de implementar estas medidas ás máis de 12.000 explotacións gandeiras galegas –proseguiu Diéguez-, obteríamos un aforro enerxético próximo aos 12.000 tep/ano, que se traduciría nun aforro económico de 16 millóns de euros por exercicio”.

AFORRO

O documento aborda diversos campos que van desde a tipoloxía dos procesos produtivos ata a análise enerxética da produción de leite, desglosando, de xeito detallado, as múltiples opcións para acadar os máximos aforros enerxéticos. Entre as opcións propostas destaca a instalación de intercambiadores de placas para o prearrefriado do leite, que supoñen un aforro medio do 45% do consumo total do tanque de frío. Esta medida permite, ademais, mellorar a calidade do leite ao reducir o tempo empregado para baixar a súa temperatura.

A instalación dun variador de velocidade nas bombas de baleiro permite adecuar a extracción do leite á demanda existente en cada momento xa que, habitualmente, as bombas funcionan de seguido durante o muxido sen atender a demanda. O variador permitiría un aforro anual de 3.200 kWh, o que representa máis do 20% da enerxía eléctrica consumida no muxido. Ademais, incrementa a calidade e a produción do leite ao diminuír o ruído e, polo tanto, a adrenalina xerada polas vacas durante o muxido.

Así mesmo, compre atender, tamén, ao consumo dos tractores, que representan o principal gasto enerxético das explotacións. Neste sentido, o estudo resalta que a falta dun mantemento adecuado pode aumentar o consumo do vehículo ata un 25%, ao tempo que recomenda unha condución eficiente que atenda as recomendación do fabricante.

Por último, a adopción de medidas de aforro en iluminación é outro dos campos principais de aforro incluídos no documento. O control automático da iluminación, os detectores de presenza ou o emprego de lámpadas de baixo consumo son parte das medidas propostas que permiten aforros duns 200 euros por exercicio.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar