O futuro de Navantia será abordado mañá por Rajoy e Feijóo

Astaleiro de Navantia, en Ferrol

A Xunta de Galicia comunicoulle ao Comité de Empresa de Navantia que mañá abordará con Mariano Rajoy, a necesidade de dotar de carga de traballo o estaleiro ferrolán. A cita co presidente do Goberno imposibilitará ao presidente da Xunta manter no día de mañá a reunión solicitada polo Comité de Empresa de Navantia, a quen si poderá recibir na mesma data o conselleiro de Economía e Industria, ou o propio presidente da Xunta nunha ocasión posterior.

A carta remitida pola Xunta subliña que o goberno galego é “consciente” de que a falta de pedidos en Navantia-Ferrol nos últimos seis anos e mais o veto imposto pola Unión Europea á construción naval civil ata 2015, puxeron á comarca de Ferrol nunha situación de grave perigo desde o punto de vista do emprego.
A Xunta manifesta o compromiso do Executivo con atopar “unha solución eficaz” ao problema de Navantia-Ferrol, algo que xa lle expuxo o responsable autonómico á vicepresidenta, ministra da Presidencia e portavoz do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, na súa reunión da semana pasada. O tema do naval motivou, así mesmo, en menos de tres meses desde la toma de posesión do novo Goberno en Madrid, varias comunicacións cos ministros de Industria, Enerxía e Comercio, e de Facenda e Administracións Públicas, nas que o presidente trasladou a necesidade de acadar carga de traballo para os estaleiros públicos de Navantia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar