Aumenta case un 25% a creación de empresas

 

O número de novas sociedades mercantiles creceu un 24,6% en xaneiro en Galicia, en relación ao mesmo mes do ano anteriror, ata alcanzar as 441 empresas constituídas, de acordo cos datos publicados este mércores polo Instituto Galego de Estatística (INE).

En toda España, o número de novas sociedades aumentou un 11,6% en xaneiro respecto ao mesmo mes de 2011, ata un total de 7.951 empresas. Algo máis dunha de cada catro sociedades creadas, o 27,4%, pertencían ao sector da construción, mentres que o 21,7% correspondían ao sector do comercio.

En Galicia, a maior parte das novas empresas son sociedades limitadas (435), fronte ás seis sociedades anónimas creadas en xaneiro. Ademais, o capital desembolsado para a creación de todas as novas compañías ascendeu a 53,77 millóns de euros (o subscrito era de 53,82, un 20,07% máis que fai un ano).

Así mesmo, ampliaron capital 295 sociedades, un 48,9% máis, cunha cuantía de 115,85 millóns. Delas, 19 eran S.A. e o resto S.L. Tamén apunta o INE que se disolveron 261 empresas, o que representa un aumento do 17,04%. Do total, 225 disolvéronse de forma voluntaria; mentres que 19 fixérono por fusión e 17 por outras vías.

En canto ás sociedades mercantiles que desembolsaron dividendos pasivos, chegaron a catro en xaneiro (foron cinco no mesmo mes de 2011). As que reduciron capital duplicáronse, ao pasar de 15 a 31.

DATOS DE ESPAÑA

Co repunte de xaneiro, o número de sociedades mercantiles de nova creación aumenta por sexto mes consecutivo tralo incremento interanual do 9,4% rexistrado en agosto, do 10,4% en setembro,  do 16,1% en outubro, do 8,4% en novembro e do 6,6% en decembro.

Para a constitución das sociedades creadas no primeiro mes do ano subscribíronse máis de 755,3 millóns de euros, un 64% máis que en xaneiro de 2011, mentres que o capital medio desembolsado rexistrou un incremento do 46,9%, ata 94.994 euros.

En xaneiro, un total de 5.143 sociedades mercantiles ampliaron capital, un 43,2% máis que en igual mes de 2011, e o capital desembolsado para realizar estas operacións sumou 7.845 millóns de euros, cun descenso interanual do 5,4%. O capital medio subscrito nas ampliacións de capital caeu un 34%, ata situarse en 1.525,2 millóns de euros.

En xaneiro disolvéronse 3.074 sociedades, un 7,9% máis que no mesmo mes de 2011. Delas, o 81% disolvéronse de xeito voluntario, o 10,2% tras unha fusión e o 8,8% restante por outras causas.

Do conxunto de sociedades mercantiles creadas en xaneiro, o 99,2% foron limitadas e o 0,8% anónimas. Das 5.143 empresas que ampliaron capital no primeiro mes do ano, o 91,3% foron sociedades limitadas e o 8,7% anónimas. Do capital subscrito en ampliacións de capital, o 53,4% correspondeu a sociedades limitadas e o 46,5% a sociedades anónimas.

SOBEN MÁIS AS S.L. QUE AS S.A.

O número de sociedades anónimas creadas en xaneiro aumentou un 3,2% respecto ao mesmo mes de 2011, situándose en 64 empresas, mentres que o de sociedades limitadas rexistrou un incremento do 11,7%, ata as 7.886. En canto ás sociedades que ampliaron capital, o número de sociedades anónimas subiu un 35,3%, mentres que o de limitadas creceu un 43,9%.

O capital subscrito polas sociedades mercantiles creadas en xaneiro reduciuse un 84,3% en taxa interanual no caso das anónimas e aumentou un 124,7% no caso das limitadas. En canto ao capital subscrito polas sociedades que ampliaron capital, rexistrouse unha caída do 32,2% en taxa interanual para as anónimas e un aumento do 43,9% para as limitadas.

A comunidade autónoma co maior capital medio subscrito das sociedades mercantiles creadas en xaneiro foi Asturias, con 372.701 euros, mentres que A Rioja presentou o menor capital medio subscrito (11.568 euros).

País Vasco foi a rexión con maior capital medio subscrito nas sociedades que ampliaron capital (12,8 millóns de euros) e Asturias a que tivo o menor (246.015 euros).

Do total do capital subscrito na creación de sociedades mercantiles en xaneiro, Cataluña concentrou a maior porcentaxe (25,4%) e A Rioja e Cantabria, os menores (0,1% en ambos casos).

En canto ao capital total subscrito polas sociedades mercantiles que ampliaron capital, País Vasco acumulou a maior porcentaxe (37,2%) e Asturias, Cantabria e A Rioja, os máis baixos, cun 0,2% en todos os casos.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar