A “Gran Romaría” dos galegos en Montevideo

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participaron onte no Centro Gallego de Montevideo na Gran Romaría Galega, na que tomaron parte máis de 2.000 emigrantes galegos e os seus descendentes, nunha cita que se repite cada ano por estas datas na capital uruguaia.

Alfonso Rueda e Santiago Camba participaron na tradicional romaría no Centro Galego de Carrasco, as aforas de Montevideo

Unha vez rematada a romaría, Rueda e Camba desprazáronse a Bos Aires, onde remataron a súa viaxe a Arxentina e Uruguai desta fin de semana asistindo a unha misa na Catedral da capital arxentina organizada pola colectividade galega en honor do ex presidente da Xunta Manuel Fraga.

Con anterioridade, en Uruguai, Rueda e Camba visitaron a Casa Galicia en Montevideo, coa que a Secretaría Xeral da Emigración asinou un convenio de colaboración para garantir a asistencia sanitaria e socioasistencial básica aos galegos ou os seus descendentes que se atopan nunha situación de carencia de ingresos e que non poden afrontar este tipo de gastos.

Tamén para o desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria aos galegos de Montevideo e os seus descendentes a Xunta asinou un convenio coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, cuxas instalacións tamén visitaron hoxe o conselleiro de Presidencia e o secretario xeral da Emigración.

La Española é a institución hospitalaria privada máis importante de Uruguai, funciona como unha mutua e conta con arredor de 25.000 socios galegos. O obxectivo do convenio asinado hoxe é colaborar no financiamento daqueles mutualistas galegos e os seus descendentes que se atopen en situacións de carencia, tendo en conta criterios como a súa idade e a súa situación económica.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar