Novagalicia operará fóra de Galicia, Asturias e León coa marca EVO Banco

 

Novagalicia Banco presenta hoxe en Madrid a súa nova marca comercial, EVO Banco, coa que operará fóra da rede de Galicia, Asturuas e León. Os encargados de desgranar o novo proxecto serán o director xeral do novo banco, José Luís Abelleira; o director de Márketing, Jorge Mahía; e o director de Negocio, Gabriel González Eiroa.

A nova marca orientarase á captación de depósitos, “en base a un novo produto”, e “prácticamente non vai prestar crédito”, segundo avanzou o director xeral de Novagalicia Banco, Juan Díaz Arnau, fai unha semana.

En roda de prensa tras presentar ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, o plan de crédito para o ano 2012, o director de Novagalicia apuntou que esta parte da entidade verase beneficiada pola achega de liquidez que se espera de EVO. “EVO aportará máis liquidez para investir en Galicia”, afirmou Díaz Arnau.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar