Menos coche e máis autobús

Aínda que se trata de un dato estatístico, non se descarta que a causa do
feito poida ser a crise económica: o transporte urbano por autobús aumentou un
5,5% en Galicia en xaneiro, cun total de 5.161.000 usuarios, segundo informa o
Instituto Nacional de Estatística.

Autobús urbán de Santiago

En taxa interanual, o incremento da media estatal foi do 1,5% –catro
puntos por debaixo da suba experimentada pola Comunidade galega–, con máis de
145,2 millóns de usuarios.

Por comunidades, destaca a evolución do transporte urbano por autobús en
Murcia, cun 14,8% máis que en xaneiro de 2011. O aumento de Galicia é o segundo
por comunidades autónomas. e contrasta co descenso do 2,4% de Aragón e a caída
de tres décimas en Andalucía.

No conxunto de España, o número de viaxeiros que optaron polo avión para
os seus desprazamentos polo interior do país caeu un 7,6% no primeiro mes do
ano en relación a xaneiro de 2011, mentres que os que optaron polo autobús
aumentaron un 4,8% e os de tren o fixeron un 2,4%.

TAMÉN EN TREN

No caso do transporte en tren, destaca o aumento interanual do 10,6% que
se anotaron os trens de media distancia, mentres que o servizo de AVE-longa
distancia rexistrou un leve crecemento do 0,5%. Pola súa banda, os viaxeiros
que elixiron os trens de Proximidades incrementáronse un 2,4%.

O transporte público (urbano, interurbano e especial e discrecional) foi
utilizado en xaneiro por 390,7 millóns de pasaxeiros, un 1,8% máis que no mesmo
mes do ano pasado.

O transporte urbano aumentou un 1,3% en xaneiro e foi utilizado por 246
millóns de viaxeiros. En concreto, o transporte metropolitano rexistrou unha
suba do 0,9%, con aumentos en todos os metros Bilbao (+2,4%), Madrid (+1,6%) e
Valencia (+0,7%), mentres que o transporte urbano por autobús creceu un 1,5%,
con máis de 145,2 millóns de usuarios.

Todas as comunidades autónomas rexistraron taxas positivas en xaneiro a
excepción de Aragón (-2,4%) e Andalucía (-0,3%). Os maiores incrementos
corresponderon a Murcia (+14,8%), Galicia (+5,5%) e País Vasco (+4,8%).

 

 

 

TRANSPORTE
INTERURBANO

Dentro do transporte interurbano, máis de 104,1 millóns de viaxeiros
utilizaron este tipo de transporte, o que supón un aumento do 3,4%. Todos os
tipos de transporte experimentaron subas a excepción do transporte aéreo, que
rexistrou un descenso do 7,4%. O transporte por autobús aumentou un 4,8%, o
transporte por ferrocarril, un 2,4% e o transporte marítimo, un 12,1%.

Cercanías aumentou un 5,7% no transporte por autobús e un 2% no
transporte por ferrocarril. A media distancia aumenta un 10,6% no transporte
ferroviario e un 3% no transporte por autobús. Por último, a longa
distancia-AVE incrementouse un 0,5% no transporte por ferrocarril e un 0,4% no
transporte por autobús.

Pola súa banda, o transporte especial sufriu un leve aumento do 0,6%, ata
máis de 40,6 millóns de usuarios –o transporte escolar e o laboral
incrementáronse un 0,9%–, mentres que o transporte discrecional baixou un 0,5%
de usuarios.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar