Rueda pon en marcha un centro asistencial en Montevideo

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, inauguran  o Centro de Rehabilitación Cardíaca do Centro Galego de Montevideo (Uruguai), onde ambos aproveitaron para destacar a xenerosidade e a solidariedade do pobo galego cos seus emigrantes.

O Centro Galego de Montevideo foi fundado en agosto de 1879 e está considerado o centro galego máis antigo do mundo. Foi concibido fundamentalmente como un centro cultural, deportivo e recreativo; aínda que entre os seus fins fundacionais estaba o de crear un fondo de beneficencia co que poder socorrer aos galegos sen recursos, especialmente aos que se atopaban enfermos.

Así, coa inauguración desta mañá se abre por fin un espazo vinculado ao tratamento de doenzas médicas específicas, completando uns servizos que historicamente estiveron e seguirán estando comprometidos coa cultura, o ocio e o deporte, pero no que tamén hai lugar para o coidado dos que más o necesitan.

O centro uruguaio continúa hoxe en días a súas iniciativas vinculadas á beneficencia coa organización de actividades en apoio ao Hogar Español de Ancianos de Montevideo e a coordinación de diversos programas asistenciais en favor de nenos descendentes de galegas desfavorecidos, entre outras actividades.

O Centro de Rehabilitación Cardíaca inaugurado esta mañá no barrio de Carrasco conta cunha sala de actividades físicas e localizada, vestiarios, duchas e baños adaptados, piscina cerrada climatizada, sistema de calefacción, sala de masaxes, hidromasaxe e rampla de acceso para cadeiras de rodas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar