“Máis Galiza” escíndese do BNG e será partido de seu

A que era ata agora una “corrente de opinión” dentro do BNG, Máis Galiza, abandoa á fronte nacionalista e vaise constituir como partido político, tras decidir escindirse e iniciar un proxecto político novo coa mirada posta nas próximas eleccións autonómicas.

Así o decidiu o 69 por cento da asemblea que participou este domingo no tamén congreso constituínte de Máis Galiza, fronte ao 29,1 por cento que optou pola proposta de quedar no BNG que defendeu ante o plenario a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Na súa intervención, a rexedora tomiñesa fixo ver a “forza” que teñen todos unidos para facer fronte á UPG e apostou por seguir dentro do BNG para transformar dende dentro e esixir “novas normas de convivencia” á forza hexemónica.

Pola súa banda, Xoán Bascuas, encargado de defender a proposta de saída do BNG, proclamou que se abre a “oportunidade” de presentarse con cara propia nas eleccións autonómicas e afirmou “con rotundidade” que hai espazo fóra do Bloque, o que este “deixou abandonado”. Ademais, afirmou que contan cun informe xurídico para avalar a acción institucional nos concellos aos que “decidan acompañalos”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar