Extinguido un incendio en Avión que queimou 32 hectáreas

Quedou extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Avión que queimou, segundo as estimacións provisionais, 32 hectáreas no concello ourensano de Avión.

O lume declarouse na parroquia de Barroso cara ás 21.20 horas do venres. Quedou controlado ás 12.00 horas deste sábado e finalmente extinguido a media tarde.
Nos labores de extinción traballaron un técnico, tres axentes forestais, nove brigadas, sete motobombas, unha pa, dous helicópteros e un avión.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar