Constación matemática das folgas xerais: 8 anos con Zapatero, 8 semanas con Rajoy

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou que “respecta” a convocatoria de folga xeneral para o próximo día 29 de marzo contra a reforma laboral, pero puxo o acento en que se convocaron “as mesmas folgas xerais en oito semanas de Mariano Rajoy que en oito anos de José Luis Rodríguez Zapatero” no Goberno central.

“Respectamos que os sindicatos convocaran as mesmas folgas xerais en oito semanas de Rajoy que en oito anos de Zapateiro e que queiran manter o statu quo das políticas socialistas”, afirmou Miranda, quen, non obstante, subliñou que ese “non é o camiño” para o Partido Popular.

“Se os sindicatos queren volver ao sistema anterior, ao que propiciou 3,5 millóns de despedimentos, a nosa resposta ten que ser categoricamente non”, avisou o dirixente popular, para engadir que as centrais sindicais estaban “a outras cousas” na pasada lexislatura, mentres que o Goberno socialista “se”afanaba en destruír as posibilidades e o futuro” deste país.

Por iso, indicou que PSOE e BNG “poden, se queren, cabalgar nos brazos sindicais,”, posto que o PP cre que está “con quen debe estar” que é “a maioría social” que encargou a Rajoy e aos seus facer de España “o país que foi antes de que Zapatero” tomase as rendas de La Moncloa.

Neste sentido, insistiu en que os populares “respectan” o dereito á folga, pero engadiu que se celebra “dous meses despois” de que o PP entrase no Goberno, polo que suxeriu que os líderes das organizacións sindicais deberían “avaliar os seus movementos”.

Ao fío desta afirmación, apuntou que é “perfectamente coñecido” que “enterraron boa parte da súa credibilidade” na pasada lexislatura. “Non sei se con este movemento corren o risco de enterrar a que lles quedaba”, resolveu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar