Boleto de ‘A Primitiva’ validado en Santiago e premiado con 13 millóns de euros

 

O dono dun boleto de ‘A Primitiva’ validado en Santiago de Compostela percibirá case 13 millóns de euros ao ser o único acertante de primeira categoría (seis acertos) no sorteo celebrado na noite do xoves.

O boleto ganador foi validado na Administración de Loterías número 6 de Santiago, situada en Animas, 23, esquina coa Praza de Cervantes. O seu propietario cobrará 12.994.349,86 euros, segundo informou Loterías e Apostas do Estado.

Ademais, rexistráronse outros tres boletos acertantes de segunda categoría (cinco acertos e o complementario) que foron validados no Despacho Receptor número 60.205 de Pollensa (Illes Balears), na Administración de Loterías número 4 de Alcazar de San Juan (Cidade Real) e a través da canle oficial de internet Loterías e Apostas do Estado. Os seus donos percibirán 142.679,45 euros.

A combinación ganadora do sorteo celebrado este xoves estivo formada polos números 1, 6, 17, 21, 36 e 46. O número complementario foi o 35, e o reintegro, o 8. A recaudación do sorteo ascendeu a 16.864.194 euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar