Concerto inédito dás bandas CatPeople e Second na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo iniciará hoxe a súa programación cultural de primavera cun concerto inédito que unirá ás bandas CatPeople e Second, nunha actuación que terá lugar no Teatro Roberto Vidal Bolaño do campus de Vigo, a partir das 18.30 horas.

Ademais da música en directo, estes dous grupos disputarán antes da actuación un partido de fútbol-5. Este encontro deportivo terá unha segunda cita o próximo 24 de marzo en Murcia, onde se disputará o partido de volta, e onde tamén se volverá a celebrar un concerto destas dúas bandas viguesa-barcelonesa e murciana.

O próximo 22 de marzo haberá máis música no teatro do campus, co Festival Sonora12 e as actuacións de Trampoline e A Familia; e, xa no mes de abril, a música ‘indie’ dará paso aos sons máis folk: o 11 de abril actuará  o gaitero Patrick Molard, abanderar da recuperación da música bretoa.

O 16 de maio será a quenda de Sés, “chamada a ser a nova voz da música tradicional galega”, segundo a organización, que ofrecerá un concerto acústico, coincidindo coa entrega dos Premios de Normalización Lingüística da universidade. Tanto este concerto como o de Molard, terán lugar no edificio Miralles.

Así mesmo, o teatro volverá ao campus cunha nova edición do MITEU –Mostra Internacional de Teatro Universitario–, que terá lugar do 17 ao 26 de abril, no Teatro Roberto Vidal Bolaño, e no Auditorio Municipal de Vigo.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar