Alerta por ondas ata 6 metros en todo o litoral

 

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espérase que a partir das 09.00 horas de hoxe e ata as 00.00 horas, prodúzase un fenómeno metereolóxico adverso de nivel laranxa no litoral das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

No noroeste e oeste da provincia de A Coruña, e na costa de Lugo esperase mar de fondo de 4 a 6 metros, que comezará en torno ás 9.00 horas. No suroeste da provincia de A Coruña, e no litoral da provincia de Pontevedra esperase mar de fondo do noroeste de 4 a 5 metros, que dará comezo ás 12.00 horas.

Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos os concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos das tres provincias, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar