Violencia: Tolerancia O

ACADAR é a entidade encargada da execución do programa,  “Violencia: Tolerancia O”, do que se beneficiarán directamente un total de 132 persoas, nas que se inclúen mulleres con discapacidade vítimas de violencia e tamén profesionais.

O obxectivo é sensibilizar e concienciar, tanto á sociedade como ás propias mulleres, sobre a violencia que existe, intentando previr situacións de risco. Contará con actividades formativas destinadas a profesionais e colectivos do movemento asociativo e con actividades de prevención, enfocadas ás familias e ás mulleres con discapacidade. O programa vai constar de cursos de formación destinados a profesionais, charlas de sensibilización que se van impartir nos colexios para educar aos rapaces e tamén obradoiros nos que participarán as mulleres.

A presentación en Santiago, deste programa pioneiro en todo o Estado sobre prevención da violencia contra as mulleres con discapacidade, correu a cargo da secretaria da Igualdade, Susana López Abella. No acto estiveron tamén presentes a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago, Paula Prado; o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e a presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, Mónica Álvarez; e unha responsable de Obra Social La Caixa, promotora do proxecto .

Na súa intervención, Susana López Abella animou a todas as mulleres que padecen algún tipo de violencia “a que denuncien, falen e actúen, e ao entorno familiar, ao entorno de amigos a que as axude a dar ese paso tan complicado ás veces e tan difícil.”

O ano pasado, 19 mulleres con discapacidade que tiñan sido vítimas de violencia de xénero recibiron as axudas periódicas da Secretaría Xeral da Igualdade, establecidas para facilitarlles as condicións para saír da situación de violencia, por importes que oscilan entre os 300 e 800 euros durante doce mensualidades.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar