Un cupón pola igualdade

A ONCE adica un cupón a conmemoración, ó 8 de marzo, ó Día Internacional das Mulleres. A través desta iniciativa, cinco millóns de cupóns van contribuir a difundir a mensaxe A igualdade beneficia todas e a todos.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, que recibíu esta mañá de mans do delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, unha reprodución enmarcada do cupón, destacou a repercusión desta iniciativa, “que supón unha valiosa plataforma para extender a cultura da igualdade” e agradeceu a longa traxectoria da ONCE e a súa Fundación na procura dunha sociedade igualitaria durante os seus case 75 anos de historia.

Actualmente, das 70.775 persoas afiliadas á ONCE, 36.222 son mulleres, tal e como destacou o delegado territorial da ONCE no trascurso do acto, celebrado na Secretaría Xeral da Igualdade.

Na súa aposta polo emprego, a ONCE sempre tivo moi presentes ás mulleres e na actualidade da emprego directa ou indirectamente a case 59.000 mulleres, o que supón un 0,73% da poboación activa feminina en España.

É dicir, de cada 134 mulleres que traballan en España, unha pertence ao entorno da Organización.

Amais, a ONCE fomenta medidas como a paridade nas listas que serven de base para as eleccións que se celebran na Organización para elixir aos seus representantes nos órganos de decisión, como resultado, un 30,8% dos cargos directivos da ONCE son asumidos por mulleres.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar