Os encoros galegos seguen descendendo

   A reserva dos encoros galegos descendeu outros 22 hectómetros cúbicos con respecto aos niveis da semana pasada, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio.

   En concreto, a cunca Galicia Costa pasou dos 355 hectómetros cúbicos de auga embalsada da semana pasada a 343, o que supón 12 menos; mentres que a cunca Miño-Sil subiu dos1.552 a1.542, dez menos.

Encoro de Cachamuiña, nas inmediacións de Ourense

   Así, a cunca Galicia Costa sitúase ao 50,1 por cento da súa capacidade, mentres que a Miño-Sil segue o 50,9 por cento, segundo os datos do ministerio.

   En total, os encoros españois están ao 62,5 por cento da súa capacidade total, con 34.764 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que representa un aumento durante este período de 6 hectómetros cúbicos con respecto aos niveis da semana anterior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar