Juárez asegura en Ferrol que o naval está nas prioridades do Goberno

   O delegado do Goberno en Galicia,Samuel Juárez, asegurou que “en breve se terán noticias” do Executivo central sobre Navantia, pero pediu “paciencia” aos traballadores, porque o “Goberno só leva escasamente dous meses” e o problema vén de seis anos sen carga de traballo na empresa naval pública.

  Samuel Juárez realizou unha visita institucional ao Concello de Ferrol, onde se reuniu co alcalde, o popular José Manuel Rey Varela, e os voceiros dos distintos grupos políticos que conforman a Corporación.

O delegado do Goberno, no Concello de Ferrol.

   Ao termo da reunión, Juárez asegurou que no encontro falouse do sector naval e da “necesidade de que se asegure unha axeitada carga de traballo para os estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol”. Afirmou que “o Goberno é plenamente consciente desta situación” e que “está a traballar de forma intensa” para realizar unha “programación axeitada para os próximos meses e anos”.

   Neste sentido, engadiu que a situación do naval da bisbarra está “na parte máis alta das prioridades do Goberno e do Ministerio de Industria” e avanzou que “en breve se terán noticias” sobre a situación do sector e sobre a proposta da construción dun dique flotante para a área de reparacións, que cualificou de “acertada”.

TEMPO

   Non obstante,Samuel Juárezrecordou que na reunión que mantivo en A Coruña con delegados sindicais de Navantia e empresas auxiliares pedira “paciencia” aos traballadores cara a un “Goberno que leva escasamente dous meses” e que ten que solucionar “este problema e moitos outros”.

   Así, insistiu na idea de que “se non se puido dotar de carga de traballo a Navantia en seis anos, o novo Goberno necesita algo máis de seis semanas para ser capaz de dar unha resposta”.

   Por outra banda, na visita ao Concello de Ferrol tamén solicitou información sobre outros temas de preocupación na cidade como son o saneamento da ría ferrolana a dotación de chan industrial á cidade ou o acceso ferroviario ao porto exterior de Caneliñas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar