“Sen mulleres non hai Galicia”

Con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres o 8 de marzo, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou esta mañá a campaña de comunicación da Xunta de Galicia que se caracteriza polo criterio de por en valor a contribución das mulleres ao desenvolvemento económico de Galicia. Baixo o slogan “Sen mulleres non hai Galicia”, a campaña quere simbolizar as achegas da muller ao progreso de Galicia ao longo dos tempos, no pasado, no presente e no futuro.

Site: senmulleresnonhaigalicia.com

De xeito expreso, esta iniciativa quere ser tamén un recoñecemento á muller galega contemporánea, “que conforma a xeración de galegas máis preparadas da historia”, en palabras da titular de Igualdade. Como exemplos da pegada das mulleres na actividade económica, durante a rolda de prensa de presentación da campaña Susana López Abella referíuse, entre outras, ás máis de 499.500 mulleres activas no mercado laboral en Galicia, ás máis de 48.600 que traballan na industria; ás 36.400 que se adican profesionalmente á agricultura e á gandería; ás máis de 22.700 empresarias con persoas asalariadas ou ás máis de 36.000 estudiantes universitarias.

Fases da campaña

A campaña “Sen mulleres non hai Galicia” tivo unha primeira fase en redes sociais, iniciada hai dúas semanas en facebook e tuenti e desenvolvida en formato teaser, de xeito que ata hoxe se mantivo a intriga para tratar de despertar o interese das internatutas, sen desvelar que a peza era parte da campaña institucional do 8 de marzo.

Este movemento en redes está sendo unha chamada ao sentimento de orgullo das 1.445.831 Pilares que existen en Galicia e unha invitación para sumarse á construcción dun piar virtual de mulleres. A dinámica de adhesión permite ir creando ese piar virtual cos rostros e coas fotos das mulleres participantes, que suman xa as 5.638 seguidoras.

O acto institucional celebrarase o 7 de marzo na Cidade da Cultura, presidido polo presidente da Xunta de Galícia, e nel participarán varias mulleres membros dunha saga familiar de longa tradición empresarial en Galicia.

Representación creativa da muller como pilar

A campaña está realizada cunha estética elegante, baseada na consideración e idealización das 1.445.831 mulleres galegas como pilares, que van construíndo un friso que simboliza o soporte económico que son para a sociedade.

Na producción do spot ténse empregado unha novidosa técnica de animación que é orixinaria da web e da fotografía e por primeira vez se aplica ao soporte televisivo. A técnica, denominada Cinemagraph, dota de movemento os contidos fotográficos e consiste en animar, de manera selectiva e mínima, determinadas partes dun obxecto ou dunha persoa, neste caso, determinadas partes de cada unha das mulleres que van aparecendo no spot.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar