La Policía alerta del timo de la revisión del gas

 

A Policía Nacional de Ferrol alertou da actividade de falsos revisores que baixo o nome dunha empresa enerxética chaman aos portais das vivendas avisando que van revisar a instalación de gas ou as caldeiras, pero coa intención real de roubar nos domicilios.

 

Segundo recordaron fontes oficiais da Policía Nacional, os revisores reais acoden aos domicilios despois de que as empresas de gas ou de luz se poñan en contacto con anterioridade á visita.

 

No caso dos falsos traballadores de compañías de gas acoden ao domicilio sen previo aviso, portando unha carpeta e pedindo facturas sobre o pagamento do recibo correspondente. Cando o dono da vivenda intenta localizar a documentación, o individuo subtrae a carteira ou o bolso, entre outro tipo de pertenzas.

 

Ante isto, dende a Comisaría da Policía Nacional recoméndase aos cidadáns que se poñan en contacto co subministrador de gas habitual cando se produce a inesperada visita dunha persoa que di ser dunha empresa que revisa o gas ou a luz, e que chamen á Policía a través da sala do 091.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar