Detido por cultivar marihuana na casa da avoa en Xinzo

 

A Garda Civil do municipio ourensán de Xinzo de Limia detivo a un mozo de 35 anos e incautouse de 12 plantas de marihuana nunha galería do domicilio da súa avoa.

Segundo explica o Instituto Armado, ás 9.30 horas do venres 2 de marzo foi detido A.L.G.,  veciño de parroquia de  Rebordacha como presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de drogas.

Ao individuo fóronlle incautadas nunha galería do domicilio da súa avóa doce plantas de marihuana e unha báscula de precisión, segundo indicaron as mesmas fontes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar