Orozco presenta unha querela criminal contra o empresario Dorribo

O alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou este venres unha querela criminal «por calumnias e inxurias» contra o empresario Jorge Dorribo nos Xulgados de Instrución de Madrid, quen falara de pagamento de «favores» ao socialista na súa declaración ante o Tribunal Supremo no marco da Operación » Campeón».

José López Orozco, alcalde de Lugo, formalizoou xa a querela anunciada esta semana

Segundo informa o Concello de Lugo nun comunicado, a querela foi presentada este venres ante os Xulgados madrileños por ser estes «os competentes», ao realizarse as manifestacións «presuntamente delituosas» na Sala Segunda do Tribunal Supremo. En concreto, a querela recolle as declaracións de Dorribo aparecidas en distintos medios de comunicación.

O rexedor lucense xa avanzara en febreiro, en rolda de prensa, esta actuación, onde negou as acusacións do industrial farmacéutico que, segundo dixo, coñeceu a través dos medios de comunicación.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar