Espinosa rivalizará con Pachi Vázquez

Otris tiempos: la ministra de Agricultura Elena Espinosa y el conselleiro de Medio Ambiente en el "bipatito", en julio de 2008

A exministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, será a cabeza visible da candidatura alternativa ao actual secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, no próximo congreso do partido, tal e como indicaron a Europa Press fontes do partido.

Deste modo, dan por pechado que será a ourensana a que poña cara ao proxecto fraguado entre o sector crítico coa xestión de Vázquez e o poder institucional dos socialistas en Galicia.

Ademais, se ben fontes do sector que negociou a alternativa aseguran que conta co respaldo do exvicesecretario xeral do PSOE José Blanco, dende o seu ámbito fan constar que el se considera “un militante de base” e que, polo tanto, “non avala ningunha candidatura”.

En todo caso, segundo as fontes consultadas, a alternativa ao de O Carballiño presentarase publicamente esta fin de semana, co fin de poder aproveitar os días que restan ata o conclave para manter reunións cos delegados.

REPARTICIÓN DE APOIOS
Entre os apoios con que contaría a socialista ourensana, as mesmas fontes dan por descontado o de boa parte da provincia de Pontevedra, así como de amplos sectores nas cidades de A Coruña, Ferrol e Ourense.

En canto a Lugo, o alcalde da cal, Xosé López Orozco, mantivo este mesmo xoves que o seu respaldo sería para Pachi Vázquez por ser “o único candidato que hai” e admitiu, non obstante, que Espinosa é para el “unha irmá”, dende o sector crítico confían en que se sume ao proxecto.

Os votos dos 100 delegados lucenses poden ser clave para inclinar a balanza en favor dun ou outro candidato e na súa orientación terá peso a decisión que tomen o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que os críticos contan entre os seus apoios; o senador Ricardo Varela, persoa próxima a Pachi Vázquez; e, fundamentalmente, o exministro de Fomento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar